Ypi, Lea

Libre : El desafío de crecer en el fin de la historia / Lea Ypi ; Traducción de Cecilia Ceriani - 4ª ed. - Barcelona : Editorial Anagrama , 2024 - 321 p. ; 22 cm - Panorama de narrativas ; 1099 .

"Cando era unha nena, con apenas once anos, Lea Ypi foi testemuña da fin do mundo. Polo menos da fin dun mundo. En 1990, o réxime comunista de Albania, o derradeiro bastión do estalinismo en Europa, desplomouse. Ela, adoutrinada na escola, non entendía por que se derrubaban as estatuas de Stalin e Hoxha, pero cos monumentos caeron tamén os segredos e os silencios: desveláronse os mecanismos de control da poboación, os asasinatos da policía secreta...
O cambio do sistema político deu paso á democracia, pero non todo foi de cor de rosa. A transición cara o liberalismo supuxo a reestruturación da economía, a perda masiva de empregos, a ondada migratoria cara Italia, a corrupción e a quebra do país.
No entorno familiar, ese período trouxo sorpresas inauditas para Lea: descubriu que eran as "universidades" nas que supostamente "estudaran" os seus pais e por que estes falaban en clave ou con murmurios; soubo que un antepasado formara parte dun goberno anterior ao comunismo e que á familia lle expropiaran os seus bens.
Mestura de memorias, ensaio histórico e reflexión sociopolítica, co engadido dunha prosa de soberbia factura literaria e pinceladas dun humor tendente ao absurdo -como non pode ser doutro xeito, dado o lugar e o tempo que se retrata- "Libre" é dunha lucidez impresionante: reflicte, dende a experiencia persoal, un momento convulso de transformación política que non necesariamente desembocou en xustiza e liberdade" [En 4ª de cuberta: sinopse elaborada pola editorial e traducida ao galego desde o castelá].

1º-2º BAC

9788433904966


Comunismo--Século XX


Albania--Política e goberno

929 821.111-94"20"

Coa tecnoloxía Koha