Gómez Ramos, Adrián (1994-)

Aqueles corpos nosos / Adrián Gómez Ramos - 1ª - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2024 - 221 p. ; 21 cm. - Fóra de xogo ; 210 .

Logo do éxito de «Cando sangren os lobos» (I Premio Xuventude Crea de Novela Curta), Adrián Gómez Ramos regresa á escrita con «Aqueles corpos nosos».

Índice: Inocencia perdida; Consecuencias; Desaparecida; Dous silencios; Rainbow; Berrar ao baleiro; Levántate e anda; Podredoiro enraizado; Ana; Arrincando as palabras; Nas tebras; Ao bordo do precipicio; Deuses e monstros; O niño; Mamá; As persoas que somos; Nacer; Epílogo: A besta que berrou no corazón da noite.

Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento do mundo sobrenatural para resolver a desaparición de Sandra Valverde antes de que o seu corpo se engada á lista de necrolóxicas. Polo camiño farán fronte a unha pregunta que o cambiará todo: ata onde están dispostos a chegar para protexer o que queren?

9788411104517


Literatura galega contemporánea--Narrativa xuvenil
Novela negra--Investigación criminal

821.134.4-31

Coa tecnoloxía Koha