Levet, Yoann

Turing machine : La máquina de Turing. Un juego de Yoann Levet y Fabien Gridel - 1ª ed. - Madrid : Tranjis Games , 2023 - ; 26 x 26 x 6 cm + 1 taboleiro de máquina, 1 organizador de cartóns perforados, 45 cartóns perforados, 48 cartas de criterio, 95 cartas de verificación, 50 follas de anotacións, 4 referencias e 1 rotulador.

Turing Machine é un xogo de dedución competitivo. A premisa é sinxela: teremos que descifrar un código de tres díxitos con valores do 1 ao 5. Para iso, deberemos comprobar os verificadores que nos irán achegando datos para que só unha combinación sexa posible.

Cada un dos problemas diranos que verificadores hai que colocar sobre a mesa e que cartas de criterio usaremos para cada verificador. Deberemos coller unha pantalla persoal e unha folla para anotar toda a información que recibamos durante a partida.

Compón unha proposta de 3 díxitos.
Revisa ata tres verificadores.
Analiza a nova información obtida e tenta descifrar o código.

O manual inclúe 20 problemas para resolver, pero Turing Machine conta cunha web que nos xerará millóns de novos problemas e mesmo retos diarios.

3º-4º ESO 1º-2º BAC


Alan Turing


Matemáticas
Máquina de Turing
Ciencias da Computación
Informática

79 51

Coa tecnoloxía Koha