Prado, Miguelanxo

Ardalén / Miguelanxo Prado - 3ª ed - Santiago de Compostela :El Patito Editorial ,2016 - 256 p :principalmente il. col ;27cm

"Os recordos, que son moitos, van e veñen, sen que eu consiga colocalos. Nunca estou seguro de que sucedeu antes ou despois, báilanme os nomes, as caras... É coma se o libro da miña vida alá se desfixese e me quedase nas mans unha presada de follas esparexidas que non dou ordenado de novo. Ás veces mesmo, é coma se eses recordos non fosen meus... Nin sequra estou seguro de diferenciar o que son imaxinacións e o que son recordos."

Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Enesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, e hai rancores e odios.

Por iso recordar non é inocuo.
Pero que non recorda, non vive.

9788493943455

8493943455


Memorias e lembranzas
Cómics adultos
Emigración e inmigración
Familia

741.52 821.134.2-91"19"

Coa tecnoloxía Koha