Algas verdes : La historia prohibida / Inès Léraud; Pierre Van Hove
por Léraud, Inès (1981-) [autor/a]
; Hove, Pierre van (1973-) [debuxante]
; Mathilda [ilustrador/a]
; Lardín, Rubén (1972-) [tradutor/a]
.
Tipo: 




Un cómic de non ficción sobre un tema de plena actualidade: os procesos da agricultura intensiva, os sistemas de produción das macrogranxas e os riscos que ambas encerran para a saúde humana e o medio ambiente.
Inclúe dossier con apéndices, referencias e documentos da investigación.
O misterioso falecemento de tres persoas e de decenas de animais nas praias de Bretaña nun período de varios anos leva á autora, a xornalista de investigación Inès Léraud, a rastrexar a sospeitosa pista dunha invasión de algas verdes tóxicas que periodicamente cobren as praias desta rexión francesa. Coa colaboración de ecoloxistas, agricultores e gandeiros contrarios ás prácticas invasivas das multinacionais, e o traballo gráfico do debuxante Pierre van Hove, Léraud achega unha investigación sen precedentes cuxas demoledoras conclusións están a conseguir influír no necesario e inaprazable debate sobre a agricultura e a gandería intensivas.
1º-2º BAC