Lecciones Ian McEwan ; Traducción de Eduardo Iriarte
por McEwan, Ian [autor/a]
; Eulate, Arturo de ( 1968-)
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Chan do Monte Sala préstamo | 82N-C MCE lec | Dispoñible | Literatura castelá. Narrativa | PED033000012060 |
|
En 4ª de cuberta:
“Cando era neno, os pais de Roland Baines enviárono a un internado. Alí, lonxe do amparo familiar, tomou leccións de piano cunha nova profesora chamada Miriam Cornell, con quen tivo unha experiencia fascinante e traumática a partes iguais, que marcaría a súa vida para sempre. Os anos, con todo, foron pasando: Roland viaxou, viviu en distintos lugares, casou e tivo un fillo. No entanto, cando a súa muller, Alissa Eberhardt, o abandona sen dar ningún tipo de explicación, os cimentos da súa realidade cambaléanse, e vese obrigado a reconstruír todos os seus recordos para tratar de entender o sucedido. Desde a súa infancia en Trípoli, onde o seu pai militar estaba destinado antes de que a familia regresara a Inglaterra, a vida de Roland está marcada polos grandes acontecementos do últimos setenta anos: a crise de Suez, os mísiles de Cuba, a caída do Muro de Berlín, Chernóbil, o Brexit, a pandemia... Produto do seu tempo, neno da posguerra, a súa existencia corre paralela ás convulsións da segunda metade do século XX e os inicios do XXI. Primeiro fillo, logo amante, esposo, pai e avó, Baines salta dun traballo a outro, coñece o sexo, as drogas, a amizade e o fracaso. Mentres se cuestiona o rumbo que foi tomando a súa vida, o que aconteceu coa profesora continúa a perseguilo.
lan McEwan escribiu a sua novela máis longa e seica a máis ambiciosa, no ronsel de “Expiación” e outras obras marcadas pola historia e as súas mutacións como “Chesil Beach” ou “Operación Dulce”. “Lecciones” é unha narración sinuosa sobre un personaxe que trata de dar sentido á súa vida nun mundo mudábel e desconcertante” [Sinopse elaborada pola editorial; traducida ao galego desde o castelá].