Ás de bolboreta / Rosa Aneiros
por Aneiros, Rosa [autor/a]
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Chan do Monte Sala préstamo | X-G ANE asd | 1 | Dispoñible | Xuvenil galego | PED033000007217 |
|
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2009 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2009 - Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2010
Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...
3º-4º ESO