000 02820nam a2200253 i 4500
997 0 0 _e2
008 220307s2022 sp ||||g |||| ||| ||glg d
017 _aVG 7-2022
020 _a9788411100724
080 _a29
100 _aCuba, Xoán R.
_eaut
_96000
245 _aDicionario dos seres míticos galegos
_c/ Elaborado por Antonio Reigosa, Xosé Miranda e Xoán R. Cuba; Debuxos de Lázaro Enríquez
250 _a5ª ed.
260 _aVigo
_b: Xerais
_c, 2022
300 _a277 p.
_b: ils. en b/n
_c; 27 cm
520 3 _a"«Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos.Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña. O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no bergantín pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte; enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina." [En 4ª de cuberta; sinopse elaborada pola editorial].
521 _aESO12
_aESO34
_aBAC
_aADU
650 _aMitoloxía
_912368
651 _aGaliza. Galicia
_9281084
700 _aReigosa, Antonio
_eaut
_91899
700 _aMiranda, Xosé
_eaut
_9305
700 _aEnríquez, Lázaro
_eill
_91286
856 _uhttps://www.xerais.gal/libro.php?id=6646758